Exposicións

A FGCMF pon a disposición dos seus membros ou de calquera entidade sen ánimo de lucro que o solicite as exposicions listadas nesta páxina.

Para poder disfrutar delas simplemente hai que contactar coa FGCMF e solicitalo formalmente. O solicitante deberá recollela e devolvela persoalmente ou facerse cargo dos gastos de transporte que poidan ocasionarse.

O Patrimonio Marítimo de Galicia: Fai un repaso polos elementos do patrimonio marítimo galego, tanto material como inmaterial. Consta de 13 paneis de lona de 147 x 118 cm sen soportes propios. Dinamizada polo CEIDA, baixo convenio, neste caso deberase contactar co CEIDA para solicitar a exposición.

“10 anos da FGCMF”: Paneis de lona que recollen a activade da FGCMF nos seus primeiros 10 anos de vida.

Patrimonio do sal e do vento: Feita para as itinerancias de Nabeira, esta exposición pon en contexto a cultura marítima e fluvial de Galicia. Consta de 12 paneis con estructura metálica. Os paneis miden 2,20 x 1,20 m e pesan uns 10-15 kilos cada un. Cada panel ten unas bisagras que permite unilo a outros paneis para montalos de forma exenta, ou poñelos individualmente. Requirese un medio de transporte amplo.

Pequena Guia das Embarcacións Tradicionais: recolle as tipoloxías máis coñecidas das pequenas embarcacións tradicionais de Galicia. Consta de 20 lonetas de 1,20 x 0,80 m cun peso aproximado 10 kg en total, e sen soporte propio.

Os oficios do Mar: Esta Exposición é do colexio de Panxón pero cede o seu uso á Federación. Mostra os distintos oficios do traballo no mar. Para o transporte hai que contar que os paneis teñen 2 x 1,25 m Cada panel pesa aproximadamente 1,5 kilos e non ten soporte propio.

As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo: Recolle o traballo de estudo dos barcos desde a Coruña a Ribadeo feito por alumnos do IES Concepción Arenal de Ferrol, dirixidos por Bernardo Máiz e Enrique Freire, e que foi obxecto dun premio Antón Fraguas. Consta de 42 paneis de 86 x 56 cm en plástico ríxido de 3 mm e que contan con pequenas cadeas para colgar. O conxunto de paneis e colgadores vai nunha caixa de madeira para facilitar o traslado xa que o peso total é considerable.

Daniel Pazó Vila, inventor do casulo das nasas: Esta exposición recolle a biografía e traballos de Daniel Pazó Vila, inventor dos casulos de iscar as nasas. Está constituida por 6 paneis de 2,00 x 0,84 m autoenrolables con soporte propio. Coa exposición vai tamén un "casulo" xigante de 1 x 1 m e unha nasa antiga.
Esta exposición foi creada e é dinamizada polo Club Marítimo Marisma da Ramallosa. Todos os interesados en facer uso dela teñen que contactar co Clube no correo marismadaramallosa@gmail.com ou no teléfono 627 901 160. Os gastos de transporte van a cargo do solicitante.

Mirade de actualizar a

Mirade de actualizar a relación ds exposicións, pois donamos á FGCMF a das

EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DO ARCO ÁRTABRO, ORTEGAL E MARIÑA DE LUGO

que pasou por trinta e dous lugares e levou a Federación este verán en Gijón

Unha aperta:

Bernardo.

Feito

Feito

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.