Relinga. Revista de Cultura e Actividades Mariñeiras Tradicionais. nº 1. Primavera 1997

Este é número 1 de Relinga, é o máis dificil de conseguir, e o motivo é que inclue unha excelente reportaxe sobre a lancha de relinga, e máis específicamente sobre o proceso de recuperación do pecio da Marina, unha lancha xeiteira de Caldebarcos.
A recuperación da Marina foi unha iniciativa da escola A Aixola, de Marín, e nela participaron alumnos e mestres, que en febreiro de 1991 logo de localizar o pecio extrouxeron os restos e a partir deles fixeron a Nova Marina, a primeira xeiteira recuperada, que pasou a ser un símbolo do movemento de recuperación das embarcacións tradicionais galegas.

Hai vinte anos da recuperación do pecio, e con este motivo estase a organizar unha exposición, un documental, e outros actos sobre este traballo dos membros da Aixola. Está previsto que a exposición se mostre en varios lugares antes do verán, e que sexa parte importante das actividades culturais do X Encontro. Neste sentido hai que lembrar que o primeiro Encontro foi o ano 1993, o ano que a Nova Marina navegou nos mesmos mares onde antes o fixera a Marina.

Hai xa moitos anos pero os nosos parabéns aos autores deste número de Relinga, e unha vez máis gracias a Lajareu por Barlovento por permitir poñer esta revista a disposición de todos.

Recomendo a lectura do Mar

Recomendo a lectura do Mar Tenebroso " A costa da morte do Sol " son dous libros que o autor empapase e coñece canto curuncho de praias , cons e istorias pasadas pola costa da morte....¡Que o disfrutes!.

Grazas,fermoso agasallo para

Grazas,fermoso agasallo para todos os que visitamos esta web.

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.