Salazones y Conserveras, novo libro de Lino J. Pazos


O investigador Lino J. Pazos ven de publicar estes dias un novo libro, "Memoria gráfica de un patrimonio: salazones y conserveras (Vestígios de una época de esplendor)", Damaré Edicións.
Trátase dun libro que, a través de trescentas quince páxinas e algo máis de seiscentas fotografías, percorre boa parte das factorías de salga e conservas que se instalaron no tramo da costa de Galicia que vai dende o río Miño ata Fisterra. Este novo volume pódese adquirir facendo o pedido a damare.ediciones@gmail.com