Intentan queimar o estaleiro de Casqueiro en Moaña

Onte á medianoite, alguén botou un neumático ardendo contra a fachada do mar do estaleiro de Casqueiro en Moaña. Por sorte unha veciña avisou inmediatamente ao propietario e á Policia Local e prácticamente non houbo danos. Esto sucede despois de que pola tarde se realizase unha manifestación de aproximadamente 300 persoas, convocada de forma anónima, para pedir a construción do paseo polos terreos dos estaleiros como tiña previsto o anterior goberno municipal de Moaña e que implicaría a destrución dos estaleiros.

No blog de Sueste pódese seguir a evolución deste proxecto de paseo marítimo desde que se presentara hai xa uns anos.
 

Mais información no Faro de Vigo:
Intentan quemar el astillero de Casqueiro, en Moaña
Unas 300 personas en la concentración contra los cambios en el paseo de Seara

E Morrazo al día:
O goberno resalta que os cambios do Paseo de Seara realizáronse para evitar indemnizacións e que foron propostos polo executivo de Fervenza

(Imaxe: Faro de Vigo)

Non se entende tanta rabia.

Non se entende tanta rabia. Que gañan?

Em todo o lado há mais

Em todo o lado há mais bandidos ! . . .

Al bino

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.