Xuntanza de Embarcacións Tradicional nas XII Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar

8 Xul 2016 16:00
10 Xul 2016 22:00

Organiza: Mar de Muros
Colabora: Concello de Muros

Programa Muros Mira ao Mar 2016

Ola de novo

Por fin estamos en condicións de informar do programa definitivo das Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar 2016, e dentro delas, a Xuntanza de Embarcacóns Tradicionais.

Despois de várias edicións sen contar coa presenza de embarcacións tradicionais, este ano as Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar recuperan a sua natural eséncia mariñeira, incorporando un enorme, variado e atractivo programa de actividades en terra, xunto coa Xuntanza de Embarcacions Tradicionais que devolverá ao mar o protagonismo que merece.

As Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar naceron en 2004 como unha festa de exaltación do património cultural da nosa ria, e foi consolidando-se progresivamente até contar na edición actual coa colaboración e participación dunha grande parte da cidadania e a prática totalidade do tecido asociativo do concello de Muros e a sua contorna. Esta festa tivo un dos seus fitos en 2009 coa celebración do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un dos de mais suceso que se lembran.

Nesta edición das Xornadas, a Asociación Mar de Muros organiza as actividades de mar, que consistirán nun saúda de velas, navigacións programadas, navigación libre, visitas ás embarcacións, xantares e ceas mariñeiras, exposicións a pé dos barcos e troula compartida con toda a viciñanza local e foránea que participa de maneira masiva nestes trés dias de convivéncia e sabor mariñeiro.

Convidamos a todos os colectivos a visitar Muros cos seus barcos e tripulacións, coa seguridade de que, como en anteriores edicións, a singladura terá pagado a pena.

Envio-vos o programa definitivo en formato texto, ainda que en breve poderedes consultá-lo completo en https://www.facebook.com/murosmiraaomar .

E lembramos-vos que é urxente facer a inscrición de embarcacións e tripulacións, cumprimentando a ficha adxunta. En particular precisamos saber con urxéncia o nome e características do barco, número de tripulantes, necesidades de pernocta e reservas de xantares e ceas, remolques ou guindastres e demais, para organizar os amarres (nas instalacións do porto deportivo de Muros http://www.muport.es/).

Saudos e ... proa a Muros!