A represión franquista no mar da Coruña

Recentemente Alejandro Gándara publicou un amplo artigo en La Opinión da Coruña sobre a represión franquista no mar da Coruña No artigo faise un resume da forte presencial sindical no sector do mar, como a xente do mar foi branco preferente das forzas sublevadas, chegando a matar a 19 persoas na cidade da Coruña, e da reacción a esta represión mediante as fuxidas por mar, que no caso da zona da Coruña son 22 as que están documentadas.

Este traballo está baseado en datos achegados polo proxecto Nomes e voces e especialmente polos traballos de Dionísio Pereira, que ten gran parte da súa produción investigadora libremente accesible no seu web. Destacamos O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: Unha ollada de conxunto e Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), entre outros moitos traballos relacionados con diferentes aspectos do mar.