O Apupo

O Apupo é un boletín gratuito en papel de caracter trimestral e practicamente a principal vía de información sobre as actividades da Federación. Os números publicados son:

1. Marzo 2001: Nova andaina da Federación Galega pola Cultura Marítima.(este Apupo ten duas portadas por cuestións organizativas daquel momento) (1.3M pdf)

2. Abril 2002: Escola de vela tradicional da Illa de Arousa. SOS pesqueiro Bernardo Alfageme. Barcos do norte. Especial recuperación de embarcacións tradicionais.(1.7M pdf)

3. Novembro 2002: A música da fin do mar. Interesanos saber que... Resumo da tempada. Cousas de dornas. Especial o bote polbeiro.(1.7M pdf)

4. Marzo 2003: Especial Prestige. A buceta.(2.5M pdf)

5. Outubro 2003: VI Encontro de Embarcacións Tradicionais.(2.0M pdf)

6. Marzo 2004: Especial a todo filispín. Candidatura UNESCO. Cultura fluvial.(2.4M pdf)

7. Outubro 2004: Especial a traineira. Douarnenez2004. (2.9M pdf)

8. Marzo 2005: Cambados2005. Federación deportiva. Novos barcos. Publicacións sobre o mar 2004. O bacallau. Musica do mar. Especial media construcción. (1.8M pdf)

9. Decembro 2005: Fin da tempada 2005. Mar de encontro. Regatas e regatas. A FGCMF e o patrimonio material e inmaterial. (2.2M pdf)

10. Setembro 2006: Homenaxe a Staffan Mörling. A Peza de Rabo. A FGCMF no Mediterraneo. Barco da memoria. Ciudad de Miño. (Non disponible en pdf)

11. Outubro 2006: Regatas de Dornas: instruccións de regata. Clasificacións. (Non disponible en pdf)

12. Maio 2007: Calendario 07. VIII Encontro. Proxecto Nabeira08 (1.7M pdf)

13. Febreiro 2008: O VIII Encontro Ferrol. Dornas e regatas (3M pdf)

14. Abril 2008: Calendario oficial. Guía das E.T. En Bermeo (1.8M pdf)

15. Agosto 2008: Galicia en Brest08(5.8M pdf)

16. Decembro 2008: Onde se vive o mar. Activiades da APPM. Non só estivemos en Brest. Navegando cara a Ítaca. Obradoiro "para ser grumete"(2.8M pdf)

17. Xuño 2009: A Canoa na Ría de Muros e Noia. Medraron os barcos. A dorna, señora do mar de Arousa, na poesía de Cabanillas. Foto a foto construíndo patrimonio. (2M pdf)