Patrimonio marítimo galego: un diagnóstico actual

Dionisio Pereira publicou un artigo no número 3 da Revista Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, titulado Patrimonio marítimo galego: un diagnóstico actual.
Neste artigo, que pasa revista a situación actual do patrimonio, pon ao dia traballos anteriores do mesmo autor incorporando as últimas investigacións.
Agradecemos a Dionisio Pereira a autorización para difundir este traballo.

Está moi ben o artigo.

Está moi ben o artigo. Pregúntome eu... ¿hai algunha biblioteca que agrupe estes documentos (comezando polos mesmos libros citados nas bibliografías como as deste artigo) relacionados co patrimonio marítimo e fluvial?

non señor, non hai ningunha

non señor, non hai ningunha biblioteca "ao uso", supoño que no Museo do Pobo terán que te-lo, dijo eu...
Eu tamén teño unha ampla colección, peroestá na miña casa.

Aí falastes... as

Aí falastes... as bibliotecas. Coñezo algunhas pero falta a boa e especializada. É triste que un teña que ir a Santiago a consultar alá os fondos que existen. E da gracias que non haxa moita xente ese día que si non... Por outra o horario é moi pequeno.
En Ferrol recoméndase a biblioteca do museo da marina.
É unha biblioteca xeral, pero de temática marítima. Rebuscando aquí e acolá pódense atopar cousiñas...
En Bueu no museo Massó ,que conta con bós fondos antigos, estáse constituíndo unha biblioteca de temas marítimos. Fáltalle moitas cousas novas pero o peor é que está fechada a cal e canto ó publico xeral.
E Vigo... ben está a pertencente á antiga escola náutica que ten un pouco disto e do outro .Caso aparte sería saber onde foron a parar os fondos da biblioteca mariñeira de Bouzas esquilmados tras o 36. Non vos é de pouca monta pois as estimacións eran de máis de 10 mil volumes ! Eis a versión viguesa do capítulo de desmantelamento cultural da dictadura que sirve de tema central á novela de Manuel Rivas " Os libros arden mal " Onde foron parar ? Ninguén o sabe ...
En resume ;que como os particulares non teñan fondos adquiridos por eles mesmos, as bibliotecas de titularidade pública amosan un panorama en canto a temas marítimos é francamente pobre. E ademáis , moi desfasado e atrasado en bibliografía moderna en linguas extranxeiras. Hai que espabilar !

Aproveito istes dias de

Aproveito istes dias de ledicia institucional, pra
seguindo a liña de, tentar mostrar a cultura e o patrimonio da nosa ria, o que se coce por eiqui arriba vaia.
Benvida seña calquera acto que promocione, divulgue
etc. a cultura marítima. A creación dun listado dos
nosos bens e a primeira pedra, o meu entender, pra comezar a facer algo. ¿Como imos a lembrar se non
sabemos o que temos?. Espero, despois de isto, que
non se que en listados.
Amosovos unha parte do noso patrimonio, unha parte
que, polo de agora, quedouse en listados. Tratase do
Dique da Cabana, que con mais de dous séculos de
ver mar, e considerado como o dique civil mais
antigo de Galicia e probablemente dos mais
antigos de España. Pois se os listados quedan niso, en listados, pasa como co dique, que se non se
fan actos isto caese, vease o Hidria.
En todo caso felicitacións por ista ou
calquera acción, que seña pra salvar o noso
patrimonio. Pero que non se quede soamente en
listados, e entre todos, tentar salvar o que
temos.

De que época son as fotos

De que época son as fotos antiguas?

Tanto as fotos antigas, como

Tanto as fotos antigas, como a do ria no dique,
pertencen a:cadernos Ferrol. Análisis. club de prensa de ferrol.
En concreto están sacadas do caderno 18 de
FerrolAnalisis co titulo, Los diques de Ferrolterra,
de D. Alejandro Anca Alamillo.
Tratase de un libro moi ben ilustrado, que
amosanos a historia, dos diques da nosa ria. Ven
acompañado dun DVD cun documental do tema.
Istas imaxes son da colección de Ricardo
Nores Castro, ainda que no libro non veñen
datadas. No libro data a construción do
asteleiro o redor do 1810. De todas formas
recomendoche o libro.

¿Patrimonio da humanidade?

¿Patrimonio da humanidade?
Istes dias, paseando a carón da ria, sego a voltas
cos famosos listados. Vendo como se cae o patrimonio
gostariame pensar nuns listados pra escomenzar a sua
salvación e non pra gardar a memoria historica do
que imos perder, pra cando xa non esté.
Axuntamentos prometen, Xunta promete, xa so nos
falta a ONU, pero compañeiros isto segue caendo.
O noso patrimonio segue soportado polos petos
dos particulares, que con moito esforzo, e ainda
mais corazón,van recuperando embarcacións e o que
se poida pras rias.
De ista ria marchou o Galatea (4 millons de pts.),
o AZOR e unha longa lista de bens, vendidos por catro
patacóns, e o que quedou e porque non tiñan forma de levalo.
Queden eiqui as imaxes, pra lembrar o que se
pode ir se non se lle pon remedio. E que istes
listados do noso patrimonio, señan a guia pra sua
recuperación.
Da que pensar que co custo dunha sala do Gaias,
salvariase, o mellor, gran parte de iste patrimonio
polo que todos loitamos.O vispónO vispónO vispónO vispónCastelo S. FelipeCastelo S. FelipeEmbarcadoiro da cabanaEmbarcadoiro da cabanasalinas do Olmosalinas do OlmoFerrol VelloFerrol VelloGalateaGalateaGalateaGalateaAntigo Asteleiro- Dique da CabanaAntigo Asteleiro- Dique da Cabana

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.