Festa do Rio en Monforte

Aberta a reserva de prazas para aloxamento de participantes na Festa do Río, a celebrar en Monforte de Lemos os días 30 e 31 de xullo.

Xestionada por Barcas do Minho, co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos, e na que colaboran A Figueiriña-Lanchas do Sil e Barcos do Norte.

As agrupacións interesadas poden obter información adicional na FGCMF, en http://www.barcas.org ou solicitándoa no correo habilitado para o evento en festadorio@barcas.org

Arredor da última semana de xuño será publicado o programa completo de actividades. Como adianto sinalamos a recuperación de lanchas tradicionais do Cabe, que serán utilizadas para paseo acompañadas de outras embarcacións fluviais e marítimas, animación e obradoiros (cesteiro, barro, maquetas, pintura en grande formato, fotografía, xogos populares, contacontos, teatro...), exposicións e relatorios sobre intervencións arquitectónicas en espazo fluvial. Ademais dunha oportunidade para navegar polas augas do interior, na Ribeira Sacra.

Os apupos en pdf

Están disponibles os números anteriores do Apupo en pdf. Como no número 8, fíxose unha versión para baixar lixeira.

Blogs dorneiros

Os amigos da Escola de vela da Cofradía da Dorna acaban de inaugurar o seu blog, que xunto co da A.C. Lajareu por barlovento, que xa leva catro meses no "aire", son unha fonte de noticias importante sobre o que esta a pasar no mundo das dornas.

Novo barco na flota

A Asociación de Marineros Artesanales y Deportivos "San Miguel" de Bouzas acaba de botar o racú A Oleira o pasado dia 7 de Maio.
Lino Prieto estivo alí e fixo unhas fotos.

Na rua o Apupo nº 8

Xa está disponible un novo número do Apupo, e xa son 8. Este número trae información sobre o VII Encontro, o seguro para tripulantes, novos barcos, publicacións relacionadas co mar no 2004, federación deportiva, o bacallau, musica do mar e finalmente un especial sobre a media construcción.

Máis abaixo podese ver este número nun pdf especialmente preparado para a súa consulta na pantalla. Se se quere imprimilo o resultado non vai ser moi bo. Optouse por este método para reducir o tamaño do arquivo, que ainda así é considerable.

Caso de que alguén teña interés na versión Ler máis»

Cambio no Calendario

Os amigos da Asociación Albaola notificannos o cambio de data da celebración dos 200 anos da fundación de Pasaia. O Encontro de embarcacións tradicionais terá lugar do 1 ao 4 de setembro deste ano.

Distribuir contido

Hai pouco tempo desde Culturmar elaboramos un pequeno informe, A situación do patrimonio marítimo...
  Acaba de publicarse no DOG a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia....