10 anos do Centro de Formación “A Aixola”. Carpintería de ribeira para o futuro

En 1997 creouse o Centro de Formación A Aixola, ainda que xa existira como escola-taller desde 1990.
Situada en Marín, agora depende da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, da Autoridade Portuaria de Marin-Ría de Pontevedra, e está xestionada por Cetmar.
Nela levase adiante un importante traballo de formación en carpinteria de ribeira, nas vellas e nas novas técnicas, e moita outra formación relacionada co mar.
O seu web ten unha interesante galería fotográfica con imaxes, entre outras, da restauración dun racú, e da construcción dunha réplica dunha buceta con técnicas modernas, aplicando listón de eucalipto e epoxi.

Etiquetas