12 dias para o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo-Outes 2013


Onte reuniuse o Comité Organizador do XI Encontro. Foi a última reunión antes do comezo do Encontro. Todo está a punto para que o vindeiro xoves se faga a presentación oficial do Encontro e o sábado 6 se inauguren as exposicións que van estar no local do Náutico do Freixo.

O espazo do antigo campo de fútbol está limpo e preparado para a instalación da carpa onde van durmir os tripulantes, xunto co espazo destinado a acampada e zona de caravanas.

No web do Encontro xa está o programa completo e a listaxe de barcos inscritos, que neste momento chega aos 65. Lembrámosvos que é importante non agardar á última hora para inscribir os barcos porque é preciso distribuír amarres con tempo.

A vindeira fin de semana está previsto se o tempo acompaña que moitos dos barcos que van ir por mar ao Encontro desde as rías do sur fagan a travesía ao Freixo.

Etiquetas