150 milhas de historia. Recuperación dun bote baleeiro en São Miguel (Açores)

A empresa de avistamento de baleas Terra Azul promoveu a recuperación do bote baleeiro Senhora de Fátima na illa de São Miguel nas Azores. O obxectivo do traballo é recuperar para São Miguel o elemento primordial do patrimonio baleeiro: un bote navegando.
Hoxe o Senhora de Fátima está no mar e está previsto que participe nas regatas de baleeiros no Pico.

O proxecto en sí é moi interesante, sobre todo se pensamos que parte da iniciativa dunha empresa privada. Pero o que ainda o fai máis interesante é o blog 150 Milhas de História onde rexistraron todo o proceso construtivo , onde hai valiosa información sobre a caza da balea e os botes baleeiros das Azores, e onde se poden ver máis de 30 videos de moi boa calidade que recollen a construción do bote.

(Vía Salvemos o estaleiro)

Etiquetas