1ª recalada en Tragove (Cambados) o 17

O Barco da Memoria inicia as suas singraduras o 17 de xullo en Tragove, Cambados.
As 12:00 vaise inaugurar o proxecto, acto no que estarán presentes a Conselleira de Cultura, Manolo Rivas e Dionisio Pereira.
Ás 12:45 no Pósito haberá un acto no que se homenaxeará aos mariñeiros cambadeses represaliados (tamén represaliados de outros sectores) e moi especialmente a Antonio Chaves del Río, presidente local da CNT e patron maior, fusilado (ou paseado, que non se sabe ben) en 1936. Neste acto ademáis das autoridades da Xunta falará o actual Patrón Maior e un representante do Grupo Etnográfico Mascato, que é o colectivo que, xunto coa Confraría, colaboran para estes actos a nível local.

O martes 18 de xullo, ás 19:00 e dentro do barco farase a presentación do número 3 da revista galega de cultura marítima Ardentía na que
estarán os cambadeses Fernando Piñeiro (Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima, entidade editora da revista) Francisco Fernández Rei (Membro
do Consello de redacción), e os colaboradores Xoán Antonio Pillado, Martina Betanzos e Emilio Xosé ïnsua. Esta revista vai encabezada por un artigo sobre a represión franquista no mar de Galiza.

Etiquetas