1ª Travesía de clásicos AGABACE – Real Club de Mar de Aguete

O sábado día 8 de octubre terá lugar unha travesía de clásicos organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época, Agabace, e o Real Club de Mar de Aguete, en augas da Ría de Pontevedra.

O programa provisorio é como segue.
– Venres día 7, chegada dos barcos ao porto de Aguete. Haberá servicio de barqueo entre os pantaláns e terra, no caso de que xa se teñan retirado para entón as pasarelas.
– Cea de confraternización das tripulacións.
– Sábado día 8, desaiuno-reunión de patróns ás 10:00. Determinación de percorrido en función das condicións reinantes, que se procurará sexa dunhas 10-12 millas cando menos.
– Saída da travesía ás 12:00
– Hora máxima de regreso ao Clube de Aguete ás 17:00
– Acto de agradecemento ao RCM de Aguete e aos participantes na travesía ás 18:00, cun pequeno refrixerio.

Para participar será condición indispensable ter obteido previamente o certificado Jauge Classique-Classic Handicap (JCH) que se puede solicitar en liña en: http://www.jch-online.org/. A obtención é gratuita.

O obxectivo primordial da travesía é facer unha primeira proba informal do mencionado sistema de handicap, para ir adquirindo experiencia no seu uso de cara a súa recomendación aos diversos Clubes/Asociacións de Galicia que organicen regatas de clásicos.

As inscripcións poderán facerse por correo electrónico a agabace@gmail.com ata ás 14:00 horas do día 7, engadindo unha copia en PDF do certificado JCH e informando do número de tripulantes previstos.Os gastos de cea e refrixerio serán pagados polos asistentes directamente no Clube.

Etiquetas