20 anos da “Fé em Deus”

O 27 de febreiro de 1991 comezou a construción dun dos barcos máis queridos e admirados en Galicia, a lancha poveira Fé em Deus, barco insignia da Póvoa de Varzim. Este ano é o 20 aniversario deste barco e na Povoa están a preparar os actos de conmemoración.
A primeira viaxe da Fé em Deus foi á Garda, para lembrar a relación que une de vello a estes dous pobos. E dous anos despois, en 1993, a Fé em Deus volveu navegar ao norte, rumbo a Ribeira para participar no I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Viaxe que volveu facer noutras ocasións para participar noutros Encontros, como o de Cambados onde foi un verdadeiro espectáculo vela navegar con norte duro.
A Biblioteca Municipal Rocha Peixoto, da Póvoa, ten unha sección do seu sitio web adicada á Cultura do mar, onde se pode atopar moita información sobre a Fé em Deus: fotografías, cronoloxía, actividades, e o boletín Noticias da Lancha, que foi editado ao tempo que se construía a lancha.
Iremos dando noticia dos actos programados en canto se fagan públicos.

(Vía Caxinas…)

Etiquetas