20 anos salvando vidas. Helicopteros de Busca e Salvamento do Servizo de Gardacostas de Galicia


No 2010 cúmprense os 20 anos do inicio das operacións de rescate dos helicopteros do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Sabemos da dificultade e perigo do seu traballo, e sabemos que moi poucas veces se fai público o nome das persoas que levan adiante este traballo, polo que desde aquí queremos mostrar o noso agradecemento e respeto a todas estas persoas, tanto tripulantes como persoal en terra, que fixeron e fan posible este servizo tan valioso para a xente do mar.
No blog do Pesca1 atoparedes moitísima información e fotografías sobre este servizo, e un resume da historia destes 20 anos de traballo.

Etiquetas