“25 séculos de oceanografía” no Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia acaba de abrir un novo espazo de exposición permanente baixo o lema «25 séculos de oceanografía» no que se presenta unha aproximación ao saber do medio mariño que o home foi adquirindo dende a máis remota antigüidade ata a actualidade.

E con motivo da inauguración o museo celebrará ata o domingo 1 de xuño unha xornada de portas abertas no edificio principal, para que todas aquelas persoas que o desexen poidan achegarse a ver o novo espazo expositivo de balde.

Etiquetas