36 anos do Museo do Pobo Galego

O 29 de outubro de 1977 naceu o Museo do Pobo Galego. O Museo celebrou onte a efeméride abrindo gratuitamente as súas portas e con visitas guiadas e anuncia que iniciará unha campaña para aumentar o número dos seus socios.

Na sala do Museo dedicada ao mar entre outras moitas outras cousas pode verse unha gamela guardesa, unha traiñeira, unha dorna polbeira, ou un pequeno motor de vapor de doble expansión.

O Museo tamén ten moitos fondos que non están na exposición permanente, por exemplo os impresionantes instrumentos de despezar as baleas que estaban expostos no stand que tivo no pasado XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Freixo.

Paga a pena unha visita demorada ao Museo.

(Imaxe: Museo do Pobo)

Etiquetas