40 barcos inscritos para o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Cabo da Cruz 2015

Coa inscrición do Joaquín Vieta acadamos os 40 barcos inscritos. Hai barcos de Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Cataluña, Pais Vasco, Andalucía e Galicia.

Lembramos a necesidade de que os que pensen participar no XII Encontro inscriban o barco o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores, sobre todo dos encargados da loxística no mar e en terra.

(Imaxe: Saltillo, de Pedro Seoane)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *