4ª Regata da Copa Balbina. Sada

O vindeiro día 27 terá lugar a cuarta e última regata da VI Copa Balbina, organizada polos Patexeiros de Sada.

A saída está prevista para as 17:00 h pero a presentación das embarcacións será ás 16:30 fronte á rampa de servizo de Escola de Vela no porto de Sada.

Logo de rematar a proba farase a festa de fin de tempada coa entrega de premios e unha churrascada para os participantes.

Etiquetas