50 anos da revista Mar


Hai 50 anos que se edita a revista Mar (anteriormente Hoja del mar). A revista é unha importante testemuña destes 50 anos no mundo do mar. Calquera que visitase unha confraría ou a consulta dun médico do ISM ten visto a revista. Case todos os aspectos do mar desde un punto de vista profesional están presentes na revista: pesca, acuicultura, estaleiros, mariña mercante, etc.

Con motivo do aniversario a revista do ISM saca un número especial onde fai un repaso do acontecido nestes 50 anos. Actualmente pódese acceder aos números publicados desde 2011

(Vía Naucher)

Etiquetas