Convocatoria XIV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

CULTURMAR abre a convocatoria para a presentación de proxectos de candidaturas para ser sede da décimo cuarta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia-2019. O prazo de presentación de proxectos para acoller esta celebración bienal arredor do patrimonio marítimo-fluvial rematará o 15 de marzo e, dado o carácter itinerante do Encontro, pode presentarse calquera vila mariñeira que elabore e presente un proxecto conforme as “bases”.Todos os interesados en presentar candidatura poden contar coa axuda da Xunta Directiva, que aclarará calquera dúbida que poidan ter sobre as bases e a guía de análise dos proxectos, e en xeral sobre calquera aspecto do Encontro.

É unha grande oportunidade para ser sede do que posiblemente sexa o maior evento deste tipo na península, onde se achegan arredor de 120 barcos de todo tipo e onde durante os catro días que dura o Encontro é posible desfrutar da compañía de xente chegada de todos os portos galegos e de compañeiros que veñen de Portugal, Pais Vasco, Cataluña, Irlanda, etc. visitar exposicións e obradoiros, facer rutas guiadas, ver espectáculos e música en directo os catro días e en definitiva ver a dimensión do movemento de recuperación da navegación tradicional e en xeral de salvagarda da cultura marítima e fluvial o de 2018.

Bases para a presentación de proxectos para a sede
Guía de análise dos proxectos presentados para a sede
Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *