80 barcos inscritos no XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, por agora

Cando falta algo máis dun mes para o XII Encontro xa hai 80 barcos inscritos. Entre eles algún tan fermoso como o Osorio, a buceta con porto base en Ares que se pode ver na foto de arriba. Este barco foi gañador dúas veces da Copa Balbina.
Lembrámoslle aos que queiran participar que facilitarán o traballo dos organizadores se se inscriben o antes posible.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *