A Aixola restaura un bote de instrución da Escola Naval Militar de Marín

O pasado venres entregouse na Aixola á Escola Naval Militar de Marín un bote de instrución de nove metros logo de que fose restaurado polos alumnos do centro. Este bote foi construído a mediados do século XX en Astilleros Lagos, en Bouzas, e é similar ao bote de nove metros que ten o Clube do Mar de Ferrol e do que se publicou información no Apupo nº 6.
Parabéns á Aixola por esta restauración de tan boa calidade e parabéns á Escola Naval Militar por este barco que ven enriquecer o patrimonio marítimo.

(Imaxe: CETMAR)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *