A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes. Libro

Ven de presentarse o libro escrito por Xoán Francisco Garcia Suárez A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, publicado pola editorial Toxosoutos.
A intención do autor, como escribe no prologo, é facer unha catalogación dos talleres e carpinterías de ribeira que existiron ou existen na costa do concello de Outes.
Abren o libro uns capítulos introductorios sobre a navegación na zona antes do século XIX, seguidos por un capítulo no que o autor fai unha viaxe desde a Pontenafonso ao Freixo, dando razón dos estaleiros localizados, acompañados de datos básicos sobre cada un, ou sobre os barcos máis significativos neles construidos, e fotografías das instalacións que ainda se conservan.
Logo ofrecenos unha interesante listaxe de barcos de carga construidos na zona, facendo constar nome, lugar, tipo, ano, eslora e tonelaxe, no que podemos comprobar como ainda en data tan tardía como 1900 se construíu un quechemarín no Freixo.
Remata o libro cun capítulo adicado a barcos salientables como o Vieta, o Nieves, ou o Eliseo, entre outros, e que foron construidos nalgúns dos estaleiros estudiados.
Un interesante libro que sirve para coñecer un pouco mais a zona do concello de Outes, famosa pola construción de barcos, pero sobre a que hai moi pouco publicado.

Etiquetas

Un comentario sobre “A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes. Libro

  1. Noraboa por este novo traballo, ten todo luxo de detalles, unha obra necesaria, tiven ocasión de lelo dous dias despoois de sair á rua e gustoume moito.

Comments are closed.