A Carpintería de ribeira. Mesa redonda e homenaxe aos mestres carpinteiros da zona Vigo – A Guarda

O vindeiro día 30 de novembro vai ter lugar unha homenaxe aos mestres carpinteiros de ribeira da zona do GAC 7, a ría de Vigo – A Guarda. Haberá unha mesa redonda sobre a carpintería de ribeira. Poderase escoitar a testemuña dos artesáns que practicaron e practican o marabilloso oficio da carpintería de ribeira, en persoa e a traveso dun video realizado especialmente para a ocasión, e establecer un coloquio sobre o pasado, presente e futuro da carpintería de ribeira en Galicia.

O acto está financiado polo GAC 7 e terá lugar no salón de actos do Concello de Nigrán ás 20:00 h. É conveniente confirmar a asistencia no teléf. 986 358 109 ou no correo gacvigoaguarda@yahoo.es antes do 28 de novembro.

Etiquetas