A Comisión Europea presentou o Plan de Acción da Estratexia Marítima do Arco Atlántico

O pasado 13 de maio a Comisión Europea fixo público o Plan de Acción creado para desenvolver a Estratexia Marítima do Arco Atlántico. Este plan debe ser aprobado agora polo Parlamento Europeo e polo Consello.

O Plan está previsto para o período 2014-2020, e as prioridades de investimento e investigación que marca o plan poderían recibir financiamento da UE. As catro prioridades principais son: Fomentar o espírito empresarial a innovación; Protexer, reforzar e mellorar o entorno mariño e costeiro; Mellorar a accesibilidade e conectividade; Crear un modelo de desenvolvemento rexional sostible e socialmente integrador.

A Estratexia Marítima do Arco Atlántico xa foi obxecto dunhas xornadas no marco do proxecto NEA2 organizadas pola FGCMF, e das que os videos están dispoñibles.

O Plan pode sufrir modificacións e en todo caso haberá que esperar a ver como se concreta o seu financiamento antes de finais de ano, xa que outro dos obxectivos do plan é fomentar a colaboración entre os países ribeiráns polo que será preciso unha forte implicación das autoridades correspondentes. Pero dito isto consideramos importante constatar que no plan aparece un punto que é relevante para o relacionado co patrimonio marítimo, e que transcribimos abaixo:

Prioridade 4: Crear un modelo socialmente inclusivo e sustentábel de desenvolvemento rexional

Os obxectivos específicos desta prioridade inclúen:

  • Promover un mellor coñecemento dos retos sociais na zona do Atlántico
  • Intercambio de boas prácticas na mellora da saúde, inclusión social e benestar das poboacións costeiras e desenvolvemento de indicadores socioeconómicos mariños axeitados e útiles para medir, comparar e seguir as tendencias do desenvolvemento da economía azul;

  • Preservación e promoción do patrimonio cultural do Atlántico
  • Combater á estacionalidade e mellorar as perspectivas para as pemes a través da diversificación de produtos de turismo marítimo e costeiro e o desenvolvemento de nichos de mercado, investindo en:

    1. Deportes mariños, portos deportivos e actividades de lecer náuticas
    2. Servizos portuarios, incluíndo os dirixidos aos pasaxeiros de cruceiros
    3. Identificar e promover atraccións culturais e naturais do litoral atlántico, como a pesca artesanal, gastronomía local e o patrimonio marítimo
    4. Protexer e restaurar os lugares de interese turístico, incluíndo atraccións culturais e lugares do patrimonio marítimo do litoral ou sumerxidos, con valor arqueolóxico, ecolóxico ou histórico
Etiquetas