A Confraría de Carreira – Aguiño e o patrimonio maritimo

A Confraria de Carreira – Aguiño acaba de poñer no seu web unha sección sobre patrimonio marítimo. Nesta sección poderedes atopar documentación sobre as orixes a evolución da actividade pesqueira en Aguiño, imaxes antigas e recentes, e información sobre rutas que se poden facer na zona.

Pouco a pouco as confrarías van vendo a importancia de poñer en valor o seu patrimonio tanto material como inmaterial. Desde as primeiras iniciativas de confrarías como Lira ata as últimas actividades de coordinación do turismo mariñeiro moito se ten andado, pero ainda hai moito por facer neste ámbito.