A despensa salgada


Dentro da serie Historias de Galicia, a TVG emitíu o domingo 11 de marzo, o capítulo A despensa salgada.
Este documental de 30 minutos, con dirección de Xose Manuel Vega e a a asesoría histórica de Francisco Calo Lourido, fai un repaso polo mundo do mar en Galicia nos últimos 400 anos.
Desde os cercos reais ata os conxeladores de gran altura, preséntanse os grandes fitos da evolución do mundo da pesca galega.
É moi de agradecer a posibilidade de visionar este documental a través de internet, ainda que sexa en formato reducido. Aproveitamos para animarvos a explorar o web da CRTVG onde hai materiais moi interesantes.

Etiquetas