A dorna Sara xa navega


O pasado 18 de agosto tivo lugar a botadura da dorna Sara. Remata así a construción desta dorna de tope que comezara por maio do 2008 no estaleiro grovense de Hijos de Garrido con deseño de Íñigo Echenique e agora empeza a súa vida no mar.
A primeira saída oficial desta dorna foi para participar na II Regata de Clásicos Emprosal que tivo lugar o 23 de agosto en Pedras Negras.
Na foto de arriba podedes vela nesta regata, e podedes ver máis fotos no seu sitio web e no do C.N. San Vicente.
Este barco abre camiños novos no mundo dos barcos de lecer, supón a utilización de novas técnicas de construción sobre deseños baseados na tradición dos carpinteiros de ribeira galegos. Esperemos que no ronsel deste barco otras iniciativas abran máis camiños.
Tamén hai otra cousa nesta construción que se debe valorar moi positivamente, e é a difusión de información sobre todo o proceso construtivo que desde o primeiro momento se levou adiante desde o seu sitio web e que durou máis dun ano, cun seguimento constante dos avances É importante que todo os traballos que se fan arredor dos barcos teñan a máxima difusión posible.

Etiquetas

4 cometarios sobre “A dorna Sara xa navega

  1. Curioso este caso comparado co galeón de villagarcía subvencionado polo seu Concello. Un é para unha asociación e outro para un particular. Penso que é imprescindible a intervención de fondos públicos para estas cousas, pero non con axudas directas ós armadores, senón ós carpinteiros de ribeira para que poidan poñer no mercado de lecer este tipo de barcos e competir frente ós que se fan en serie.

    1. Estou totalmente dacordo con este último comentario. este tipo de axudas dadas ós carpinteiros contribuiría enormemente a consolidar a carpinteiría de ribeira coma industria, mellor dito contribuiría a que non desapareza. Xa non sería o particular o que se rompese a cabeza co imposto revolucionario de pagarlle o visado dos planos a un exeñeiro naval, que inda por riba NON FORON eles os que lograron o deseño deste tipo de embarcacións, senón máis ben o contrario.

      1. O que me parece interesante e que varios proxectos a un tempo esten vendo forma. Esto e a proba, non sei si de madurez, de resultado do traballo de todos estos anos atrás no mar, e decir fomentando asociaciacionismo. Que medrou, pasouse das pequenas embarcacións a necesidade de mais tamaño, escomezase a usar a expresión barco escola, agora xa falta soio a Escola, nos casos.
        Non sei si é un paso mais ou un soio paso, espero que co tempo todos estos proxectos teñan continuidade e todas estas novas ou recuperadas unidades, teñan unha boa vida e que esta sirva para algo mais que dar un paseo no verán, que tampouco está mal.
        Por outra banda no tema das axudas (non me gusta chamarlle subvencións) non sei que vos diga, as cousas si queremos que teñan futuro deben ter autonomia propia, si non mal asunto. Igual precisamos axudas para formar profesionais, ou en dar a coñecer o producto, pero penso que estos profesionais deben ser quen de acadar un producto rentable, que é a loxica do sostemento economico.
        Creo que este movemento debe ter unha repercusión positiva, os medios de comunicación están a trasladar a sociedade unha imaxe de cultura propia moi boa e o noso.

        Saúde
        F. Piñeiro

        1. Ao meu parecer a cuestión, como case sempre, está nos puntos intermedios. Entendo que a cuestión axudas económicas ou subvención -chámeselle como queira- ten razón de ser cando se trata de asociacións (sempre e cando haxa algo que redunde na sociedade en xeral, non en 3 ou 4 persoas), pero evitando caer nunha dependencia nas subvencións para que a empresa funcione.
          O que si acho que é interesante é eliminar ou baixar taxas do tipo de proxecto técnico, ou na matriculación, ou ter amarres específicos a baixo prezo.

Comments are closed.