A Expedición Balmís. 203 anos despois

Hai 203 anos un barco partía da Coruña rumbo a América. A bordo da corbeta Maria Pita ían 22 nenos do hospicio da Coruña acompañados da súa rectora Isabel Lopez.
Conformaban a Real Expedición Filantrópica da Vacina, financiada polo rei Carlos IV, a frente da cal estaba o médico Francisco Javier Balmís. O obxectivo da expedición era levar a vacina da variola a América, cousa dificil dado que a vacina non era efectiva moitos días e a travesía era longa. Para solucionar esto Balmís pensou en ir inoculando aos rapaces de dous en dous a partir de vacina extraida dos dous anteriores.
Os Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia da Coruña organizan o día 30 de novembro, dia do aniversario, unha xornada sobre esta expedición no salón de actos da Escola de Náutica da Coruña ás 20:00 h.

Etiquetas