A Falucheira, unha nova dorna xeiteira na flota

A Asociación de Mariñeiros de Bouzas vai botar o seu novo barco o vindeiro sábado 24 de xullo , ás 18:00 h na rampla do Adro, en Bouzas.
A Falucheira é unha dorna xeiteira, cunha eslora de 7,49 m. aparellada con vela de relinga, e que foi contruida en Aguiño polo mestre Ayaso. Na foto de arriba podedes ver o momento en que foi sacada do taller de Ayaso para o seu traslado a Vigo.
É unha excelente noticia que un novo barco deste tipo se incorpore á flota, e máis nestes tempos nos que non hai axudas institucionais. Desexámoslle unha longa vida e bo vento.
Actualización: A botadura na prensa
La dorna “A Falucheira” se hace a la mar en Bouzas

Etiquetas