A FGCMF foi galardoada co Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Patrimonio Cultural.
Este premio pertence por dereito a cada persoa membro actual ou pasado dos colectivos que forman a FGCMF. O traballo de tantos centos de persoas durante estes vinte anos é o que se recoñece neste premio. Parabéns a todos por este premio que axudará a dar máis pulo ao movemento en defensa da conservación e socialización do patrimonio marítimo e fluvial.
Com certeza a FGCMF merece o reconhecemento. Outra cousa é que um espanholista do PPSOE seja quem de outorgar nada, inimigos da nossa cultura como som. Que cinismo! Prémio às equipas de normalizaçom ( que nom dinamizaçom ) ,
Parabens a todo-los membros da FGCMF, sobre todo ós pioneiros que arrancaron contra vento e marea, e unha lembranza ós que xa non están.
Pero ollo, isto pode ser un regalo envelenado.
Parabéns á FGCMF, e a todos os colectivos e pessoas que a formam, por este merecido prémio. Que o bom trabalho continue muitos anos!
Dende O Sorriso de Daniel achegámosvos os nosos parabéns!
O traballo feito ata o momento merecía este recoñecemento. E merecía máis. Dignificádelo. Quen o recolla nos vindeiros anos farao con máis orgullo.
Parabéns desde Cabo de Cruz, recoñecemento merecido a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega. Medre o Mar¡
Moitas grazas a todos! seguiremos traballando, queda moito por facer