A FGCMF ingresa como membro de European Maritime Heritage

Este vindeiro fin de semana vaise formalizar o ingreso da FGCMF como membro rexional de European Maritime Heritage. Será en Baasrode, Bélxica, onde se reune o Grupo de Traballo de EMH, e a Federación estará representada polo director do Museo do Mar, Pablo Carrera, por delegación expresa da pasada Asamblea, onde tamén se decidíu o ingreso nesta organización.

A EMH actúa como interlocutor habitual coas máis altas instancias da Unión Europea para tratar sobre aspectos do patrimonio marítimo, influíndo sobre a lexislación comunitaria en materia de IVE, acordos de seguridade, e outras moitas materias. Colabora tamén coa UNESCO e é membro do Comité Internacional de Museos. Como organización non gubernamental, está integrada por asociacións de propietarios de barcos tradicionais e históricos, museos marítimos e outros organismos interesados en conservar o patrimonio marítimo europeo. Entre os seus obxectivos principais cabe destacar a cooperación entre as diferentes culturas marítimas europeas, a posta en marcha de accións encamiñadas a aumentar a conciencia pública polo patrimonio marítimo, a resolución de problemas comúns e o estudo de tódolos aspectos relativos á conservación e funcionamento de barcos históricos.

Estar presente en EMH permitirá á Federación reforzar as relacións que xa se teñen con similares organizacións doutros paises, ampliar a difusion das nosas actividades, e aumentar a capacidade de influir sobre aspectos lexislativos que afectan ao noso patrimonio.

Etiquetas

2 cometarios sobre “A FGCMF ingresa como membro de European Maritime Heritage

  1. Felicidades. Sinceramente creo que es todo un premio al trabajo de todos vosotros durante tantos años. Por más que penséis que vuestro camino está lleno de piedras, y que no avanzáis, vais marcando un camino del que estamos aprendiendo unos cuantos. Saludos a todos.
    Josep-Anton

    1. Moitas gracias Josep-Anton, como ti dis é o traballo de moitas persoas durante case 20 anos. É un orgullo para todos ter chegado ata aquí, e supon unha grande responsabilidade, a de facer que esto dure e fructifique.

Comments are closed.