A FGCMF no Saló Nautic Internacional de Barcelona

O vindeiro día 8 de novembro vai abrir as portas o 47º Saló Nautic Internacional de Barcelona. E dentro do Espai Marina Tradicional, a FGCMF vai ter presencia mediante un stand no que durante 8 días dúas persoas membros da Federación van atender aos interesados nas nosas actividades.
Vaise levar unha dorna na que se mostrará a técnica de aparellamento, e outras manobras, tamén se levará a exposición creada para a mostra de San Vicente, unha exposición creada por AGALCARI sobre a carpinteria de ribeira, varios documentais, e material impreso.
O día 15 farase a presentación do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a cargo de Manuel Sendón, presidente da Comisión organizadora, e de Fernando Piñeiro, presidente da Federación.
Actualización: Xa está disponible o programa do Espai Marina Tradicional, e concretamente, as demostracións de aparellamento da dorna serán ás 11:00 e 17:00 h o sábado e domingo 15 e 16. E a presentación do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia será o sábado 15 ás 17:30 h
No blog El mar és el camí podedes ver algunhas fotos do saló e unha de Uxio participando en “Converses de taverna”

Etiquetas