A historia sumerxida de Bueu. Conferencia

O vindeiro venres 20 de Abril vai ter lugar no Museo Massó unha conferencia de Yago Abilleira sobre o patrimonio histórico sumerxido nos fondos submariños de Bueu.
Yago Abilleira Crespo é membro do Club de Buceo Ons e un investigador de Historia Naval. Publicou o libro “Los galeones de Vigo”, sobre a Batalla de Rande, así como numerosos artigos acerca de naufraxios en toda Galicia. Asemesmo, colaborou como mergullador auxiliar nas campañas de Arqueoloxía Submarina de Cíes, Fisterra, Cangas, Estaca de Bares e a Mariña Lucense.

Etiquetas