A “Irmandiña” está no taller

A Irmandiña está no taller de Garrido, no Grove, onde se lle está facendo unha importante reparación. Como se pode ver na foto instalouselle un motor do que antes carecía.

A Irmandiña que naceu para facer a travesía do atlántico, estivo nos últimos anos na ENT da ACD Dorna, na Illa de Arousa, ata que en 2012 e por falta dun espazo para poñela a cuberto dos temporais tivo que volver ao estaleiro de Garrido onde permaneceu ata agora.

(Imaxe Jose Manuel Triñanes)