A Meca vai indo

Os Amigos da Dorna Meca seguen co traballo de preparar os barcos para navegar. Agora tocoulle á Meca, o seu buque insignia. A Meca é unha dorna meca, como o seu nome indica, e é o único exemplar existente desta tipoloxía que noutro tempo era moi común na banda sur da ría de Arousa.

Estas fotos de Jose Manuel Triñanes permiten apreciar os detalles que a fan diferente das dornas “carreiranas”, hoxe as máis comúns. A meca foi construída por Pepe Garrido en 1995. Quen queira saber máis deste tipo de dorna pode consultar a Revista do III Encontro onde atopará completa información sobre este barco.

Etiquetas