A Memoria do Mar. Presentación dos resultados do proxecto

O vindeiro luns 22 de decembro ás 12:00 terá lugar a presentación dos resultados do proxecto de recollida de fotografías “A Memoria do Mar” levado a cabo polo Museo do Mar de Galicia en colaboración ca Federación Galega de Confrarías de Pescadores e financiado pola Conselleria de Pesca e Asuntos Marítimos.

Presentaráse a páxina web con preto de 4000 fotografías recollidas nos 24 pósitos visitados así como un libro coas memorias de José Rodríguez, Maquinista que recolleu ca súa cámara as mareas nos Grandes Bancos de Terranova nos anos cincoenta.

E no acto serán homenaxeadas as tres peixeiras cambadesas (Xenxa, Lola e Delfina) que aparecen na foto que serviu de cartel do proxecto. Cando os técnicos do Museo do Mar estiveron en Cambados a finais do pasado marzo, as tres peixeiras ¡60 anos despois! repetiron a foto no mesmo peirao de Cambados onde agardaban polos barcos. Podedes saber máis das protagonistas vendo o artigo Unha vida entre peixe e salitre do mar da Arousa de Francisco Fernandez Rei na Ardentía nº 4.

Finalmente se poderán visitar as tres exposicións que sintetizan o proxecto, que permanecerán no Museo ata o día 1 de Febreiro.

O ACTO É PÚBLICO E ABERTO A TODO O MUNDO QUE ESTE INTERESADO. Será presido polas Conselleiras de Cultura e Deporte e Pesca e Asuntos Marítimos.

Etiquetas