A mitade do Encontro pola popa

Estamos máis alá do ecuador do encontro, e as cousas van collendo rumbo.
O vento baixou o suficiente para permitir a navegación, como se pode apreciar na foto da Fe em Deus, e para que o Espectáculo Náutico-musical fose un éxito (fotos no web do encontro). Siguen a ter moito público os pavillóns e a actuación de Milladoiro, ademáis de ser mágnifica xuntou un mundo de xente en San Tomé.
Esta tarde, dia 9, vai ter lugar a regata “todos contra todos” na que vale todo menos motor e abordaxes.
Haberá un festival folclórico,e logo actuará Quico Cadaval. Pola noite está prevista a actuación de Nova Galega de Danza. Información máis completa no programa

Etiquetas