A nao San Juan xa ten roda

Continúa a construción do baleeiro San Juan, da que xa falamos anteriormente. A posta de quilla foi a finais de xuño, a finais de setembro puxeron a popa e esta fin de semana montouse a roda, co que xa se poden apreciar as dimensións que vai ter o barco.

O proxecto de construción do San Juan está enmarcado dentro da capitalidade cultural europea de Donosti en 2016. Está previsto que o barco sexa embaixada mobil da Capital Europea da Cultura nese ano e que visite varios portos europeos, entre eles algún galego, promovendo a convivencia entre os pobos de Europa e o respeto polas linguas minorizadas.

O proceso de construción do San Juan pode seguirse in situ, en Ondartxo, para o que se creou unha infraestructura que permite ver o traballo diario dos carpinteiros. O proxecto está tendo unha moi boa repercusión entre os visitantes da zona de Pasaia, no seu primeiro mes aberto tivo perto de 2000 visitas. Na excelente nova web de Albaola hai información sobre como acceder ao estaleiro, ademais de información sobre o proxecto e sobre as distintas formas de colaboración que se están artellando para as persoas que queiran formar parte deste proxecto tan especial.

(Imaxe: Albaola)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *