A Noite das Crebas no IX Encontro




Quen se criara na beira do mar seguro que algún día andivo ás crebas, a recoller cousas que o mar trae á terra. Ás veces son restos de obxectos, e outras contenedores cheos de televisores ou manteiga. As crebas son sempre unha incógnita, cada día vas á praia a ver que trouxo o mar e sempre hai algo que recoller.
Dentro das actividades de cine do Encontro programouse a proxección do “making of” e o trailer de Os Crebinsky, unha longametraxe na que os protagonistas son dous irmáns crebeiros. Previamente proxectáronse fotografías de Maribel Longueira, tanto de crebas como da súa exposición Xente no medio, e Chisco Fernández Naval fixo unha breve introdución sobre o concepto e o carácter simbólico das crebas, así como sobre o oficio de crebeiro.
Neste mesmo acto Quique Otero e Miguel de Lira presentaron a Fundación Crebinsky, que pretende ser un punto de encontro dos crebeiros do mundo ou dos bichicomas que tamén así son coñecidos, palabra que ven do inglés Beachcomber, literalmente peiteador de praias.
Arriba tendes o trailer de Os Crebinsky, gracias a Flocos.tv

Etiquetas