A outra mitade do mascarón do Serpent

Do naufraxio do Serpent quedou moito rastro na Costa da Morte: o mais famoso o Cemiterio dos ingleses, os regalos que o Almirantado británico lle fixo á xente de Camariñas e tamén algúns restos do naufraxio que quedaron polas casas da zona. Destos restos un dos mais coñecidos é o Barbudo, o mascarón de proa do Serpent.

Ao Barbudo fáltalle parte do seu lado esquerdo, e esa parte esquerda está no National Maritime Museum de Greenwich. Dentro da United Kingdom Maritime Collection Strategy creouse unha base de datos de mascaróns de proa existentes no Reino Unido, onde se pode ver os datos que hai sobre o mascarón do Serpent, e aí podemos ler que a figura do Barbudo é un encantador de serpes hindú. Na base de datos tamén se menciona a David Pulvertaft, autor do libro Figureheads of the Royal Navy e quen estivo aquí en 2003 para comprobar a autenticidade do Barbudo.

(Imaxe National Maritime Museum)

Etiquetas