A previa do X Encontro, Carril 2011, en Vilaxoán

Esta fin de semana foi a previa en Vilaxoan do X Encontro, Carril 2011. Con pouco vento, moita calor, abundantes barcos, e sobre todo un ambiente moi acolledor.
A pesar de traballar con moi poucos medios debido ao recorte das aportación das administracións, os voluntarios de Vilaxoan fixeron un excelente labor, e todas as tripulacións quedaron máis que satisfeitas pola acollida recibida.

O sábado 25 pola tarde sairon bastantes barcos a navegar dos que xa estaban en Vilaxoán, sobre todo as dornas que aproveitaron para facer unha pequena pachanga, ao tempo que ian chegando os que partiran pola mañán desde Vigo, Redondela, Moaña, Bueu, Portonovo, Grove, Ribeira, ou Abelleira.

O domingo 26 amaneceu con pouco vento, o que facía prever un día de paseo en terra, pero xa a última hora da mañán unha airexiña daba esperanzas de poder sacar os barcos ao mar. Nesa hora actuou a Atlántica Vapora Orquestra, (antes coñecida como Combo Mariñeiro de Vilaxoán), presentando o seu primeiro disco, Porto de Vilaxoán, que foi moi ben recibido polo público.

Logo de comer, os barcos con tripulación suficiente sairon ao mar, sobre todo os grandes. Ademais dalgunha dorna polbeira e algún bote, había racús, galeóns, dornas grandes, un traiñón, un trincado, botes de Ferrol, etc. Unha flota ampla e variada que mostraba unha bonita estampa facendo largos enfrente do porto de Vilaxoán.

Os barcos grandes permanecerán en Vilaxoán ata o xoves, que comezará o X Encontro, e os pequenos é posible que vaian indo para Carril durante a semana, para varar na praia, en previsión de que o xoves teñan moito vento para facer a travesía.


Os blogs de colectivos da FGCMF e de persoas implicadas co patrimonio marítimo e fluvial recollen o vivido estes días en Vilaxoán, as pequenas historias, e dan conta do agradecemento das tripulacións aos voluntarios, que fixeron un moi bo traballo.

ACD Dorna
Dorna Sara
Dornablog
Bou de Vara
Dorna Meca

Prensa
Faro de Vigo, outra
La Voz de Galicia
TodoGrove.com
CanalRiasBaixas.com
Agalega.info

Etiquetas

Un comentario sobre “A previa do X Encontro, Carril 2011, en Vilaxoán

Comments are closed.