A previa do X Encontro, Carril 2011, en Vilaxoán

A vindeira fin de semana será a xornada previa do X Encontro en Vilaxoán.
Moitos barcos que van participar no Encontro en Carril arribarán a Vilaxoan a partir das 5 da tarde do sábado, onde algúns permanecerán ata o xoves seguinte, día no que comeza o X Encontro.
O sábado 25 haberá navegación, música e a proxección dun documental. O domingo 26 pola mañán os barcos estarán no peirao para que a xente poida velos de perto, e ás 13:00 h a Atlantica Vapora Orchestra presentará o seu primeiro disco. Este grupo musical antes coñecido como Combo Mariñeiro de Vilaxoán, é unha interesante experiencia nacida do proxecto Cultura mariñeira e desenvolvemento en Vilaxoán de Arousa

Etiquetas