A recuperación da goleta Joaquín Vieta. Exposición

O vindeiro 3 de abril ás 20:00 h vai inaugurarse na Sala de exposicións da Asociación de Veciños San Roque de Pontevedra (Irmáns Pazó 2) unha exposición fotográfica sobre os traballos de restauración da goleta Joaquín Vieta, que foi construida no Freixo en 1916 e recuperada pola asociación que leva o nome do barco. A mostra será presentada por Lino J. Pazos, autor das fotografías.

Etiquetas

2 cometarios sobre “A recuperación da goleta Joaquín Vieta. Exposición

  1. Mestre, se o pau de popa é mais baixo que o de proa non é goleta é queche. A goleta ten os dous paus iguais ou o de popa máis alto.

    1. De acordo, pero intentamos respectar a información que nos envían, e neste caso o tipo de barco constaba como goleta.

Comments are closed.