A Reiboa. Un novo barco na flota

Os amigos do Clube Mariño A Reiboa teñen un barco novo, unha dorna de tope de 8.50 metros de eslora, que se chama A Reiboa.
Este barco ten as mesmas características que a Peza de Rabo e Lavanqueira, con excepción dun pequeno motor intraborda que non teñen estas últimas.
Esta dorna, construida por Astilleros Hijos de José Garrido no Grove, foi ao mar o pasado día 4 de febreiro, agora faránselle as probas e posta a punto antes da botadura oficial.
Desexámoslle bo vento e longa vida.

A noticia no Faro de Vigo

Etiquetas

Un comentario sobre “A Reiboa. Un novo barco na flota

Comments are closed.