A semana na prensa

A pasada semana a pesar de ser tempo de vacacións tamén trouxo algunhas noticias. Foron varias as relacionadas cos amigos malagueños do club La Espailla, de El Palo, dos que xa falamos anteriormente, e que tamén contaron con presencia en varias radios.
O Faro de Vigo informa que ata finais de maio está aberta en Vilaxoan unha mostra maquetas de embarcacións tradicionais.
Tamén no Faro se pode ler unha entrevista con Borja Antela, especialista en historia antiga e autor do libro A pesca na Gallaecia romana.
E en Masmar dáse conta da finalización en Ribeira do Campionato de inverno de dornas a vela, organizdo por Lajareu por Barlovento.

Etiquetas