A Sociedad de Salvamento de Náufragos de Vigo

Dentro da serie “Efemérides do Porto de Vigo” o Arquivo do Porto de Vigo publicou recentemente un número dedicado á Sociedad de Salvamento de Náufragos de Vigo.

A Sociedad creouse en Vigo en 1881, formando parte da Sociedad Española de Salvamento de Náufragos. No ano 1902 Antonio Sanjurjo Badía, o seu presidente, acordou coas autoridades construir unha estación de salvamento no porto sufragada pola Sociedad. Este edifico logo foi usado como sede do Instituto Oceanográfico de Vigo en 1917, Pasando a estación de salvamento a Baiona.

Esta publicación da autoría de Beatríz Bruna, arquiveira do Porto de Vigo, fai a número 39 dunha serie que paga moito a pena ler, pola calidade dos textos e imaxes, e pola diversidade de temas tratados.

Etiquetas

Deja tu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *