A vela tradicional en Galicia. Mesa redonda

O vindeiro día 24, despois da presentación do libro Guía das embarcacións tradicionais de Galicia, vai ter lugar unha mesa redonda sobre a Vela tradicional en Galicia.
O acto está organizado pola Editorial NigraTrea de Vigo, que publica o libro mencionado, e as asociacións A Rabandeira e Amigos de Valle-Inclán, ambas de Vilanova de Arousa.

Na mesa participarán:

  • Jesús Blanco, autor do libro.
  • Fernando Piñeiro, Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
  • Luís Iglesias, Presidente da Asociación de Embarcacions Tradicionais “A Rabandeira”.
  • Cándido Barral, Presidente da Asociación “Amigos de Valle-Inclán”.

E moderará Gonzalo Allegue, editor de NigraTrea.

A presentación e a mesa redonda serán ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Esteiro en Vilanova de Arousa.

Etiquetas